Reto veraniego do grupo de mtb Branilin, aproveitando o
recorrido de dúas rutas de alto transito, a Senda da Agua de Vigo (sobre 20 km
de camiño que aproveita a antigua traida que levaba a agua do embalse de Eiras
a Vigo) que usamos para chegar hasta Redondela, e o Camiño Portugues (60 km).
Para este reto xuntamonos 12 + 1 membros do grupo, 12
ruteros (Carlos Tarrio, Carlitos, Miguel, Moncho, Ernesto, Marcos Dopazo,
Manolo Dopazo, Manuel Doce, Javier Abalo, Manolo Montenegro, Richard e Ramon) e
un conductor da furgona que levou as bicis a Vigo (Xavier Castro).
10 membros do grupo desprazamonos a Vigo no Tren que salia
as 8 de Padron,
chegando a destino as 9:05, onde xa nos estaban esperando os
tres que viaxaron na furgo tomandose un coffee. Casi todos aproveitaron a
seguinte media hora en tomar algo, mentras outros ibamos sacando as bicicletas
e preparandoas para a marcha.
Logo de despedirnos de Xavier, puxemos rumbo para enlazar
coa Senda da Auga, non sin antes parar xa no km 1 a reparar un pinchazo de
Carlitos (a única incidencia técnica de todo o día, por suerte).
O enlace coa
senda non foi todo o ben que nos esperabamos pero xa se sabe que cando un non
esta no seu sitio todo é mais dificil, sobre todo a orientación. Vaya rampitas
que tivemos que subir para chegar ao camiño da traida da agua, daban a risa, e
claro con tanta risa e moi dificil pedalear, polo que mais de un votamos o pe.
A partir dese momento todo mellorou, a senda moi bonita e
con moi boas vistas e sobre todo rapidisima, cando nos demos conta xa estabamos
en Redondela ( bueno a pouco máis nos pasamos de largo de tan rapidos que
ibamos) despois de baixar tamen de golpe por pista de asfalto.
A partir de aqui unimonos a marea de peregrinos que van cara
Compostela. Esta parte xa a conociamos a maioria de nos da vez que fixeramos a
Redondela - Padron, polo que ibamos de guias para os que a facian a primeira
vez, decindolle cando viñan as rampas mais duras para que foran regulando.
Especialmente recomendables son os tramos de Redondela -
Arcade, Pontesampaio - Figueirido , Pontevedra - Caldas e Caldas -
Padron. Mais do 50% da ruta e por camiños de terra, mentras que o resto de
asfalto e por camiños casi todos eles de aldeas que estan paralelas a Carretera
550, e donde se concentraban a maior parte de rampitas chungas do
recorrido.
O final esperaba, como non a esperada cerveza neste caso acompañado dun pinchos.