Integrantes del Grupo Branilin

viernes, 17 de agosto de 2012

11.08.2012 - Ruta Vigo - Padron (Senda da Auga - Camiño Portugues)



Reto veraniego do grupo de mtb Branilin, aproveitando o recorrido de dúas rutas de alto transito, a Senda da Agua de Vigo (sobre 20 km de camiño que aproveita a antigua traida que levaba a agua do embalse de Eiras a Vigo) que usamos para chegar hasta Redondela, e o Camiño Portugues (60 km).

Para este reto xuntamonos 12 + 1 membros do grupo, 12 ruteros (Carlos Tarrio, Carlitos, Miguel, Moncho, Ernesto, Marcos Dopazo, Manolo Dopazo, Manuel Doce, Javier Abalo, Manolo Montenegro, Richard e Ramon) e un conductor da furgona que levou as bicis a Vigo (Xavier Castro).

10 membros do grupo desprazamonos a Vigo no Tren que salia as 8 de Padron, 

chegando a destino as 9:05, onde xa nos estaban esperando os tres que viaxaron na furgo tomandose un coffee. Casi todos aproveitaron a seguinte media hora en tomar algo, mentras outros ibamos sacando as bicicletas e preparandoas para a marcha.



Logo de despedirnos de Xavier, puxemos rumbo para enlazar coa Senda da Auga, non sin antes parar xa no km 1 a reparar un pinchazo de Carlitos (a única incidencia técnica de todo o día, por suerte). 

O enlace coa senda non foi todo o ben que nos esperabamos pero xa se sabe que cando un non esta no seu sitio todo é mais dificil, sobre todo a orientación. Vaya rampitas que tivemos que subir para chegar ao camiño da traida da agua, daban a risa, e claro con tanta risa e moi dificil pedalear, polo que mais de un votamos o pe.

A partir dese momento todo mellorou, a senda moi bonita e con moi boas vistas e sobre todo rapidisima, cando nos demos conta xa estabamos en Redondela ( bueno a pouco máis nos pasamos de largo de tan rapidos que ibamos) despois de baixar tamen de golpe por pista de asfalto.



A partir de aqui unimonos a marea de peregrinos que van cara Compostela. Esta parte xa a conociamos a maioria de nos da vez que fixeramos a Redondela - Padron, polo que ibamos de guias para os que a facian a primeira vez, decindolle cando viñan as rampas mais duras para que foran regulando.

Especialmente recomendables son os tramos de Redondela - Arcade,  Pontesampaio - Figueirido , Pontevedra - Caldas e Caldas - Padron. Mais do 50% da ruta e por camiños de terra, mentras que o resto de asfalto e por camiños casi todos eles de aldeas que estan paralelas a Carretera 550, e donde se concentraban a maior parte de rampitas chungas do recorrido. 

O final esperaba, como non a esperada cerveza neste caso acompañado dun pinchos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario