Integrantes del Grupo Branilin

lunes, 4 de junio de 2012

Ruta Coruña-Padrón 02.06.2012 (parte camiño Ingles)


Por fin chegou o día, o de madrugar non se notou tanto como durante a semán. O lugar de reunión foi a propia estación de Padrón as 7:15, onde estivemos case todos (Moncho, Richar, Montenegro, Manolo Dopazo, Marcos, Carlitos, Manuel e Ramon) puntuais para poder coller o tren das 7:30 con destino a estación da Coruña, o ceo estaba algo tapado pero respetounos para polo menos chegar secos ao destino.



Unha hora máis tarde estabamos na Coruña, logo das rigorosas fotos para a posteridade,




tiramos cara o porto para intentar contactar coas sinais do camiño, fomos a "cegas", ata que chegamos á ponte romana do Burgo, primeiro hito que atopamos despois de case 7 km, que alivio pensamos todos, agora será coser e cantar, ja, primeiro e último que atopamos antes de Bruma. 


En parte non nos importou, grazas a esta perda atopamos un bonito camiño pegado ao río Mero que nos levou case ao embalse de Cecebre.


Despois de darnos conta de que iamos mal encamiñados, e logo de facer unhas cantas pesquisas (non nos acababamos de creer a boa sorte que temos) decidimos consultar os mapas de emerxencia e así poder enlazar outra vez co camiño a altura de Carral (10 km por carretera asfaltada). Chegados a este enclave turístico da Galicia profunda decidímonos a preguntarlle a un "Quiosqueiro" onde podiamos enlazar co camiño de Santiago, resposta: ide pola carretera. Como non nos gustou a resposta repetímola pregunta máis adiante, con sorte de que un arxentino si que sabia por donde era.
Fomos a enlazar de novo co camiño en Sarandóns, ja vaia sorte, xusto o sitio onde comeza a temida subida a Bruma, +- 5 km de subida primeiro por asfalto e logo xabre que nos fan darlle forte ao riñon.
Xa en Bruma reagrupámonos a recuperar enerxías con barriñas e outras preadas que levabamos, e asi poder cambiar algunha impresión do itinerario. A partir daqui seria todo moito máis fácil, si si, facilísimo. Uns cantos kilometros de asfalto fixéronnos seguir pensando que solo nos quedaba un paseíño.


Pasamos o Concello de Ordes con algún intento de melloría en canto ao camiño (algún tramo de camiñiño estreito que enseguida salia a outra carretera asfaltada) ata que chegamos ao Concello de Oroso no que si que disfrutamos de tramos de camiño estreito e pista forestal do noso agrado). Ao chegar a Sigüeiro fixemos parada nunha marquesiña (que nos fixo de abrigo da chuvia que nos caia naquel momento e que nos serviu para volver a repoñer forzas e liquidos nun super que tiñamos enfronte).


Ao pouco de pasar a ponte do Tambre recuperamos o Camiño con un paredón de terra que fixo que nos arrepentiramos de encher o bandullo. Pouco tardamos en vacialo, debido aos continuos sube e baixa que nos viamos forzados a facer. A continuación chegamos a Sionlla (última dificultade importante do Camiño) e o Poligono do Tambre e así entrar a Santiago por Vite.

Xa nos faltaba pouco para conseguilo, xa estabamos na Praza do Obradoiro, de aqui para casa xa era un camiño conocido.

  
 Conseguido despois de 114.-km e 6:30 min. pedaleando estabamos na casa.




  Saudos e veremonos na proxima, 
xa esta a cabeza a traballar, 
LUGO, OURENSE......


FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario