Ruta para animar ao noso colega Xose Touceda, que participaba no campeonato de Galicia de ciclocross na categoria master 40 en Santiago.
Salimos de Padrón as 9:45 (o plan era salir as 9:30 indo polo Camiño de Santiago) Manuel, Carlos Rey, Uxio, Miguel, Manolo Dopazo e Branilin, intentando forzar un pouco o ritmo para poder chegar á Granxa do Sesto antes das 11:15, hora en que salian os master. Ao final chegamos as 11:30, coa sorte de que as probas iban con un pouco de atraso, polo que nos dou tempo aínda de meternos un pouco co noso amigo Xose, con Chema Magariños e Mario.
Como anda esta xente, porque o circuito pareceume moi duro (pese a estar seco e duro) xa que era todo sube, baixa, curvas para todos lados, arrancar, frenar etc. e os tios a toda mecha. Como se di siempre desde fora, ja, si me los cojo yo, probe de ellos.
En canto a nosa ruta, para repetir outras veces, ao final saíron casi 60 km, sin moitas dificultades e a un ritmo de regreso endiablado, Uxio e Manolo Dopazo foronse relevando para levarnos aos demais como locos. Algún tramo de carballeira (por desgracia poucos kilometros), moito callejeo polas aldeas, moita pista asfaltada e poucos peregrinos. Para destacar un tramo que hai entre o Faramello e o Milladoiro que cando viñamos de volta resultou flipante, pola velocidade que levabamos, as follas de carballo facían unha estela detras das bicicletas.