Na Curota atopamonos cun día de moita niebla que non nos votou para atras (si non o fixo a última vez o vento) polo que unha vez montadas as bicicletas nos diriximos cara o Iroite para facer a ruta historica (esta vez non me deixaron facer ningún invento) e asi poder regresar a Padrón o antes posible.
O recorrido, coma sempre, non defraudou. Nos primeiros kilometros pensamos que iba ser un paseo, pero o paso deles foinos mostrando o motivo de que algúns dos nosos compañeiros que están menos en forma (según din eles) non se atreveran a acompañarnos, moita agua, en sitios moita lama de andar os camións da madeira, e un pequeno desvio que fixemos para ir visitar a base militar do Iroite (non se vían nin as pelotas desde a valla) ao final supuxeronos a casi todos (polo menos a min) un esforzo considerable, cousa que notei moito nos últimos kilometros.
Momento de relax |
Camiñata- bike |
O tramo do Iroite á Curota, como sempre, foi moi divertido. Uns camiños espectaculares, e os Chans con moita agua foron a guinda do ruton que nos marcamos.
Algún aínda tiña moito fuelle |
No hay comentarios:
Publicar un comentario