Salimos de Padron as 15:30 (Carlos Rey, Manolo Dopazo, Montenegro, Amado Vidal, Miguel, Marcos Dopazo, Manuel Doce, Uxio e Ramon Branilin) en dirección as pesqueiras de Herbón para empezar a quencer os musculos por sendeiro estreito ata chegar a ponte da autopista de Herbón onde as cousas se puxeron xa un pouco mais peliagudas, unha rampita que nos puxo a todos ao limite para non votar o pe. Ao pasar esta dificultade Uxio abandonou o grupo aducindo que non se atopaba ben. O resto seguimos subindo ata chegar ao basurero onde nos desviamos pola pista que leva ao Scala, un tramo de baixada rapida que despois de varios cruces nos levou ata Pazos.
Xunto o campo de futbol de Pazos volvemos a subir por camiño cara Pedroso para despois seguir cara a Picaraña onde cruzamos a carretera nacional por donde esta a fabrica de aluminio, e subir en direción a Prada e logo cruzar o Sar dirixindonos cara Bastavales para subir parte de Cabanas ata Vilar de Abade.
Nesta ultima aldea Montenegro prefireu seguir por asfalto (xa levaba uns cuantos kilometros queixandose de calambres). O grupo restante lanzamonos polo sendeiro dos regatos que nos levaria a un ritmo moi alto (Manuel, Marcos e Amado puxeronse á cabeza e iban como balas) ata chegar a Seira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario