Integrantes del Grupo Branilin

martes, 31 de enero de 2012

Ruta 28-01-2012 - Padron - Meda - Cabanas - Padron

Salimos de Padron as 15:30 (Carlos Rey, Manolo Dopazo, Montenegro, Amado Vidal, Miguel, Marcos Dopazo, Manuel Doce, Uxio e Ramon Branilin) en dirección as pesqueiras de Herbón para empezar a quencer os musculos por sendeiro estreito ata chegar a ponte da autopista de Herbón onde as cousas se puxeron xa un pouco mais peliagudas, unha rampita que nos puxo a todos ao limite para non votar o pe. Ao pasar esta dificultade Uxio abandonou o grupo aducindo que non se atopaba ben. O resto seguimos subindo ata chegar ao basurero onde nos desviamos pola pista que leva ao Scala, un tramo de baixada rapida que despois de varios cruces nos levou ata Pazos.


Xunto o campo de futbol de Pazos volvemos a subir por camiño cara Pedroso para despois seguir cara a Picaraña onde cruzamos a carretera nacional por donde esta a fabrica de aluminio, e subir en direción a Prada e logo cruzar o Sar dirixindonos cara Bastavales para subir parte de Cabanas ata Vilar de Abade.

Nesta ultima aldea Montenegro prefireu seguir por asfalto (xa levaba uns cuantos kilometros queixandose de calambres). O grupo restante lanzamonos polo sendeiro dos regatos que nos levaria a un ritmo moi alto (Manuel, Marcos e Amado puxeronse á cabeza e iban como balas) ata chegar a Seira.

sábado, 14 de enero de 2012

Ruta 14-01-2012 - Padron - Macedos - Embalse do Tambre - Vilachan - Padron


 Que frio, poucas veces pasei tanto frio como este sabado, sin sol non se daba quencido. Collemos dirección Cabanas para subir hasta a caseta da mitade da subida, seguindo de frente ata chegar a Macedos. Despois de cruzar a autovia de Noia, desviamonos por pistas anchas de parcelaria pasando por Vioxo e chegando a Pousada, onde fixemos unha pequena parada para recuperar forzas e mirar o mapa para ver cales serian os seguintes camiños,
 pero esta claro que o que ven nos mapas (sin conocer nada o sitio) non vale de nada, en Pousada tiñamos que coller cara a Amanecida, pero como non hai señales fomos parar a altura do embalse, e asi dúas veces mais (o que supon as mesmas subidas e case 7 km extra), kilometros extra que se notaron no resto da ruta.
 Unha vez salido da zona e chegados a Amanecida un grupo decantouse por continuar por carretera (Manolo Montenegro, Manolo Dopazo, Miguel, Richard; non sei como lles iria) e outro (Uxio, Marcos, Manu e Ramon) seguimos facendo a ruta prevista ata chegar a Vilachan, onde se decidiu que xa tiñamos dabondo e se optou por coller a alternativa de baixar por Aguasantas directos para a casa o que nos supuxo un adianto moi importante.





domingo, 8 de enero de 2012

Ruta 08-01-2012 - Padron - Luaña (Embalse do Tambre) - Rianxo

Como o sabado non puden salir, tiven moito tempo para pensar que facer o domingo pola mañan, ao final saleume unha boa kilometrada, eso si, desde o kilometro 50 daba pena, casi non chego ao destino da salida, pero o orgullo pudo con todo, bueno eso e que o telefono se me quedou sen bateria.

martes, 3 de enero de 2012

Ruta 31-12-2011 - Fin de Ano

 
Ruta para despedir o ano, o día encapotado pero con moi pouca chuvia. Para a despedida elixiuse o Xesteiras, pero subindo por Parafita (indo polo camiño Portugues), pasamos ao lado do novo circuito de Karting de Valga, e subida final ao Xesteiras. Unha vez todos arriba (Javier Abalo, Manuel Dopazo, Manuel Doce, Suso, Miguel, Carlos Tarrio e Ramon) e ben abrigados descendemos polo cortalumes con dirección Barcala, a un ritmo continuo e sin ningunha avería (cousa que se agradeceu, non facia día para estar parado a intemperie).

Dende Barcala  a Pontecesures pasamos pola pista sendeirista do Castrovalente. Algún xa viña pensando nas uvas e non queria retrasarse máis.