Outro sabado mais que saimos a dar unha volta polos nosos montes, e no que percibimos ao que se refiren co do cambio climatico, temperaturas de 30 grados o mas subindo cara o Xesteiras no mes de outubro, e o peor de todo é que as fontes estan sequiñas.
Bueno, ao que ibamos, ruta algo durilla para o calor que facia xa que para subir de Barcala ata o Xesteiras non queda mais remedio que eso, subir, subir e subir.
Chegados ao curro do Xesteiras decidimos non ir ata riba de todo xa que nos suporia un tramo de "empuxin" que a esas alturas a verdade é que non nos apetecia nada, facia xa bastante que estabamos sen agua, polo que estaba clara a cousa, dali para baixo cara o campo de Golf de Requian, por un camiño moi interesante e do que nos quedou ganas de volver a probar, sobre todo a Jose que aínda non esta recuperado do duatlon de Tabuyo (mal asunto no monte ter algún problema nas mans).
Do campo de Golf vamos de regreso para a casa, eso si pasando pola caseta do monte de Cesures onde comenzan os cortafuegos, que maravilla de baixada, arregladiños como estan soltamos os frenos e a baixar para chegar a Padron o antes posible e asi hidratarnos convenientemente nunha terraza.
Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario